Grazas a todo o profesorado por sacar adiante un curso tan atípico


22 Xun, 2021

WEB - ANPE Galicia quere destacar o labor fundamental do profesorado galego na finalización dun curso tan desafiante.

Ao remate das actividades lectivas co alumnado, queremos recoñecer o esforzo e dedicación do profesorado, a capacidade de adaptación do alumnado e o traballo de tod@ o persoal dos centros  educativos durante un curso atípico e complexo.

Agora que xa está feito o traballo máis complicado, que era co alumnado presente, xa non queda nada para poder por fin desfrutar dunhas vacacións máis que ben merecidas: Bo Verán!!