WEB - ANPE informa a persoal interino/substituto sobre os chamamentos. OBXECTIVO ACADADO!!
ANPE, como organización asinante do Acordo de Interinos, consegue que a Consellería recúe na decisión de realizar os chamamentos de substitucións nas listaxes de mestres das vacantes só un día á semana.
As organizacións sindicais xa manifestaramos o noso total rexeitamento a unha decisión unilateral da Consellería de facer un único día á semana os chamamentos de substitucións nas listaxes de mestres para as vacantes que se van producindo. Desde o noso punto de vista, con esta decisión a Consellería vulneraría o propio acordo.
Entendemos que esta situación respondería a criterios meramente de economicistas que irían en detrimento da calidade educativa do ensino público de Galicia, pois o alumnado quedaría sen o docente correspondente, en moitos casos, durante varios días ou incluso unha semana. A isto engádese que seguimos nun contexto de pandemia, cun protocolo de actuación para centros de ensino non universitario, aprobado pola propia Consellería, que mantén o concepto de «grupos de convivencia estable» para a educación infantil e primaria; polo tanto, en determinados centros resultaría moi complexo realizar as gardas por ausencia de profesorado cumprindo escrupulosamente o recollido no protocolo.
Porén, sería un escándalo que só se cubrisen as vacantes con chamamentos nun único día. Congratulámonos de que a presión exercida polas OOSS asinantes do acordo de interinos paralizara esta cuestión. Isto pon de manifesto a enorme importancia que ten este acordo, xa que sen as OOSS que o asinamos coa Consellería sería imposible reverter a súa decisión.
30/09/21 - ANPE, como membro da Comisión de Seguimento do Acordo de Interinos, está realizando as xestións coa Consellería para que os chamamentos se efectúen máis días, e non só os martes.
As organización sindicais xa comunicaramos o noso rexeitamento absoluto á decisión unilateral da Consellería de facer un único día á semana os chamamentos de substitucións nas listaxes de mestres para as vacantes que se van producindo. Consideramos que, ao facelo así, a Consellería está a vulnerar o propio acordo.
Nestes momentos estamos en negociacións para que a Consellería reconsidere esta decisión e se faga a cobertura de vacantes como se viña facendo.
24/09/21 - ANPE ven de presentar unha queixa ante a Consellería pola información que se lles está a trasladar aos substitut@s informando de que soamente chamarán os martes para cubrir vacantes. Esiximos que a Consellería realice chamamentos os días da semana que sexan necesarios para a cobertura de vacantes.