As preinscricións realizaranse desde o 27 de xuño ao 10 de xullo.
Todas as preinscricións deberán formalizarse obrigatoriamente en liña no prazo establecido nesta resolución, a través do acceso https://www.eoidigital.com/preinsxunta e de acordo coas instrucións que figuran no anexo II.
O alumnado oficial do curso 2021/22 que desexe continuar estudos no curso 2022/23 no mesmo idioma e escola non debe facer preinscrición, senón que deberá realizar a reserva de praza en liña, desde o enderezo https://www.informaticacentros.com/xunta, de acordo coas instrucións que figuran no anexo III, e formalizar a matrícula nos prazos establecidos nesta resolución.
- Período de matrícula ordinaria: Do 20 ao 30 de xuño, segundo as instrucións de cada escola, para o alumnado oficial do curso 2021/22 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2022/23 e supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria.
- Período de matrícula extraordinaria: Do 1 ao 20 de xullo, segundo as instrucións de cada escola, tendo en conta a data do sorteo do alumnado preinscrito e que o alumnado oficial coa cualificación de apto/a, non apto/a ou non presentado/a na convocatoria extraordinaria deberá matricularse entre o 1 e o 7 de xullo. A aplicación de matrícula pechará o día 20 de xullo ás 12.00 do mediodía.
Non obstante, unha vez que remate o proceso de matrícula, e ata o día 7 de setembro, no caso de quedaren prazas vacantes, cada escola poderá cubrilas coas listaxes de espera, en caso de habelas, ou atendendo as peticións do alumnado de novo acceso que non realizase o proceso de preinscrición, de acordo co procedemento e coas datas que estableza cada centro. As escolas non poderán facer pública ningunha oferta de prazas vacantes mentres existan listaxes de espera.