OPOSICIÓNS IMPORTANTE - Problemas coa lista de admitidos e excluidos


23 Mai, 2018

ANPE Galicia demandará o vindeiro venres na reunión da Comisión de seguimento do Acordo de Interinos que a Administración solucione con CARÁCTER INMEDIATO todos os problemas coas listas de admisión aos procesos selectivos xurdidos pola posta en marcha dun sistema novidoso de rexistro sen contar con todas as garantías do seu correcto funcionamento.


Desde ANPE Galicia estamos facendo todo o que está nas nosas mans pero ...A solución debe partir da Administración Educativa!.

Non permitiremos, como representantes do profesorado perante a administración, que ninguén poida perder o seu posto de traballo ou todo o seu esforzo de estudo de anos por problemas técnicos alleos a súa vontade.

ANPE Galicia pon a disposición dos/as afectados/as os seus servizos xurídicos.