Concurso de méritos para cubrir postos nos Equipos de Orientación Específicos


07 Nov, 2018

DOG ORDE do 22 de outubro de 2018 pola que se convoca concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos.

O Decreto 120/1998, do 23 de abril (DOG do 27 de abril), regula a orientación educativa e profesional e o perfil profesional debe responder ao dun profesional con formación e experiencia que lle permita desenvolver as funcións establecidas no artigo 18 da Orde do 24 de xullo de 1998 (DOG do 31 de xullo), pola que se establece a organización e o funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia regulada polo Decreto 120/1998.

Debido á existencia de prazas definitivas vacantes no cadro de persoal dos equipos de orientación específicos, cómpre proceder a realizar a súa oferta pública.

- Poderá participar neste concurso o persoal funcionario de carreira do corpo de profesorado de ensino secundario e contar cun mínimo de tres anos de experiencia nunha praza directamente relacionada co posto a que se aspira (orientación educativa).

- Os méritos que figuran no anexo III, relativo ao baremo.

- Presentar o proxecto a que se fai referencia no artigo 5.2.c).

A solicitude, así como a documentación a que se alude no punto 2 deste artigo, dirixirase á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación, incluído o proxecto de traballo sinalado no artigo 5.2.c), será de 30 días hábiles, computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

As persoas interesadas, ou os seus representantes legais, poderán retirar a documentación achegada para acreditar os méritos alegados, unha vez transcorridos tres meses desde a publicación da resolución definitiva desta convocatoria, e deberán presentarlle a correspondente solicitude ao presidente da comisión de selección