Volver

  • Noticia destacada

Prazo de solicitude próximo
ANPE-Galicia Dec 01, 2025 Dec 22, 2025

Curso 2025/26 - Concurso de traslados específico ORIENTACIÓN


DOG - ORDE do 17 de novembro de 2025 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería.

Poden participar persoal funcionario de carreira ou funcionario en prácticas

  • PRAZO: desde o día 1 de decembro ao 22 de decembro
  • VACANTES: anexo III e posibles resultas anexo IV

 

➡️INFORMACIÓN DE INTERESE:

  • Catálogo de unidades e postos centros Mestres

A CORUÑA

LUGO

OURENSE

PONTEVEDRA

O persoal funcionario docente do corpo de mestres que estea participando simultaneamente nesta convocatoria e na do CXT e que obteña praza definitiva da xefatura do departamento de orientación, entenderase que renuncia á participación no concurso xeral (CXT).

 Poderase recorrer potestativamente en reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Para calquera aclaración ou dúbida, contacta con ANPE


Fases del proceso
28/11/25 - Xubilacións
28/11/25 - Aplicación cálculo distancias
28/11/25 - Catálogo de unidades e postos de traballo
28/11/25 - Orde da convocatoria


Concurso de Traslados

Volver