Vacinación COVID-19 - permiso para ausencia xustificada por efectos adversos


03 Mar, 2021

WEB -  PERMISO DO PERSOAL DOCENTE EN RELACIÓN COA POSIBILIDADE DE EFECTOS ADVERSOS PROVOCADOS POLA VACINACIÓN FRONTE Á COVID-19. (Documento da Dirección Xeral)

 MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE

De acordo co Anexo 4 deste Plan Galego de Vacinación os efectos adversos máis frecuentes das vacinas administradas son dor e outras alteracións locais no punto da inxección, malestar xeral, cansazo(fatiga), calafríos ou febre, dor de cabeza, náuseas, sensibilidade axilar ou aparición de ganglios na axila ipsilateral, dor articular ou dor muscular.

En consecuencia, unha vez iniciado o plan de vacinación do persoal docente, o día/s que o persoal docente non poida acudir ao seu centro educativo por efectos adversos relacionados coa vacinación fronte á COVID- 19 e, consonte co establecido polo artigo 14.3 da Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que se regula o réxime de permisos, licenzas e vacacións do persoal docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, o persoal docente ten dereito a ausentarse do seu posto de traballo por causa de enfermidade que non dá lugar a unha situación de incapacidade temporal para o que deberá xustifcar a dita circunstancia mediante a declaración responsable que se anexa.

ANPE Galicia congratúlase de que a Administración Educativa atendese a petición efectuada pola nosa Organización na pasada Mesa Sectorial para que as faltas do profesorado con efectos secundarios tras a vacinación contra a COVID non se computen dentro dos imprevistos. Desde ANPE Galicia sabemos que se pode confiar na profesionalidade do profesorado e que soamente se utilizará no caso de que sexa estrictamente necesario e por unha imposibilidade manifesta de poder asistir ao seu posto de traballo.