ANPE denuncia o cambio de critero na vacinación dos docentes pendentes


19 Abr, 2021

WEB - ANPE GALICIA REXEITA ENÉRXICAMENTE A DECISIÓN DE QUE O COLECTIVO DOCENTE DEIXA DE SER PRIORITARIO NO PLAN NACIONAL DE VACINACIÓN

ANPE Galicia rexeita de xeito enérxico o cambio establecido na Estratexia Estatal de Vacinación polo cal o colectivo docente pendente de recibir a primeira dose da vacina non o fará xa como colectivo preferente se non encadrado dentro do grupo de idade que lle corresponda.

Este cambio de criterio implica, no caso de Galicia, que preto dun 16% do profesorado que non percibiu a primeira dose no seu momento por distintas circunstancias (por estar en situación de Incapacidade Temporal, excedencia ou por non ter accedido á substitucións ata a data actual) teña que agardar a ser vacinado co seu colectivo de idade e non, no momento da súa reincorporación aos centros educativos pese a que, a partires de dito momento pasarán a estar en contacto directo e constante co alumnado coma o resto dos seus compañeiros e compañeiras que recibiron a  primeira dose ao ser considerados colectivo esencial.

Denunciar a falta de transparencia e de comunicación da Consellería de Educación que, en ningún momento, convocou ás Organizacións Sindicais para notificarnos este cambio de criterio no Plan Estatal de Vacinación.

Desde ANPE demandamos que as autoridades sanitarias tomen unha decisión final sobre como proceder con aquelas persoas menores de 60 anos que recibiron a primeira dose da vacina de Astrazeneca agora suspendida para estas idades.