MESA SECTORIAL no Ministerio de Educación e FP - profesorado técnico de FP


29 Abr, 2021

WEB - Esixencias de ANPE na Mesa Sectorial celebrada no Ministerio de Educación e FP con respecto ao profesorado técnico de FP

1. A negociación urxente da normativa que permita a integración inmediata do profesorado do corpo de técnicos de FP, co título de Grao ou equivalente , no corpo de profesores de ensino secundario, tal e como marca a disposción adicional undécima da LOMLOE.

2. Nesa norma deberase incluír a posibilidade de que os funcionarios de carreira do corpo de PTFP que non cumpran o requisito de titulación para integrarse no corpo de profesores de ensino secundario, poidan integrarse máis adiante, se obteñen dita titulación.

3. Respecto ao profesorado do corpo de PTFP, que ten unha titulación de Técnico superior e especialista: ANPE esixe que non se vulneren os seus dereitos laborais e retributivos adquiridos, establecéndose un marco xurídico que lles permita seguir impartindo docencia como o veñen facendo actualmente, ademais de poder seguir tendo a posibilidade de obter unha praza fixa, establecéndose, á súa vez, * un complemento retributivo* para equiparalos co resto de docentes que imparten ensinos de formación profesional.

RESUMO COMPLETO DA MESA SECTORIAL