Concurso de méritos para direccións e asesorías de CEFORE e CAFI


29 Xun, 2021

DOGRESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica o anuncio da convocatoria de concurso público de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos e asesorías do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.

Na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (http://www.edu.xunta.gal/portal/) estará dispoñible a convocatoria de concurso público de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos (cfr) e asesorías no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e nos centros de formación e recursos.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles ( do 30 ao 13 de xullo) a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

As persoas que desexen participar no concurso deberán cubrir a solicitude que figura como anexo II da convocatoria, dirixida á Secretaría Xeral de Educación e Fomación do Profesorado, e presentala, coa documentación a que fan referencia os artigos 4 e 5 da orde de convocatoria, da forma que se indica no seu artigo 6.