CXT 2021/22 - Convocatoria do Concurso Xeral de Traslados


08 Nov, 2021

DOGORDE do 26 de outubro de 2021 pola que se convoca o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A).

O prazo de presentación de solicitudes e de documentación complementaria será desde o día 9 de novembro de 2021 ao 29 de novembro de 2021, ambos os dous incluídos.

Información aclaratoria - Circular 8 / 2021

As solicitudes tamén poderán cubrirse na páxina web http://www.edu.xunta.gal/cxt e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED012A).

Na solicitude consignarase o código do corpo e da especialidade que figuran nas bases desta convocatoria. Cando se concurse por máis dunha especialidade, o persoal concursante presentará unha única solicitude e, no suposto de participar no concurso de traslados por máis dun corpo, presentarase unha solicitude por cada corpo polo cal se participa. No caso de presentar máis dunha solicitude do mesmo tipo, soamente se admitirá a última presentada na sede electrónica da Xunta de Galicia.

O número máximo de peticións será de 400 nos corpos de profesores de ensino secundario e 500 no corpo de mestres, aínda que estas poderán ser a centro e/ou localidades.

... o persoal docente que participe no concurso de traslados e non teña o seu expediente actualizado, ademais de presentar a solicitude de participación no concurso por medios electrónicos (código de procedemento ED012A), deberá presentar a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa.

Para alegacións aos méritos recollidos nas epígrafes 4.1 do anexo XVIII e 6.1 e 6.3 do anexo XVII: código de procedemento para actualización de expediente ED011A

De conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.