Convocatoria para participar no programa Atrévete


08 Nov, 2021

WEB - Convocatoria do programa Atrévete dentro do Plan Eduemprende para o curso 21/22

Este programa, que se desenvolve no marco do Plan Eduemprende, nace da colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e diferentes asociacións e grupos empresariais, para impulsar e fomentar a cultura emprendedora entre o alumnado, motivándoo e sensibilizándoo no espírito emprendedor.

Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. As actividades do programa levaranse a cabo no 2º e 3º trimestre do curso.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Portal Educativo.

 

>> Convocatoria

O profesorado coordinador do programa terá unha certificación de 12 horas de innovación educativa en formación. Para o recoñecemento será necesaria a valoración positiva da memoria e unha certificación da dirección do centro educativo.