Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para interinidades e substitucións en ED. INFANTIL


26 Xan, 2022

WEBListaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2021/2022 do corpo de mestres, especialidade: 031- Educación Infantil

Resolución do 26 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba a listaxe provisional para a cobertura de interinidades e substitucións e a relación provisional de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2021-2022 correspondentes ao corpo de mestres, especialidade: 031- Educación Infantil.

As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 con dereito á incorporación na lista poderán formular alegacións á listaxe provisional ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos no prazo de 5 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o procedemento ED001A, opción “Alegacións” da instancia de matrícula no corpo e especialidade correspondente, ou mediante o impreso xenérico dispoñible no procedemento PR004A. 

As listaxes de persoas admitidas poden consultarse no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/

Listaxe provisional de persoas excluídas