Apertura de listas de substitución na especialidade de HISTORIA DA MÚSICA


03 Feb, 2022

WEB - Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións na especialidade de historia da música (594416) do corpo de profesores de música e artes escénicas (594)

Resolución pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións na especialidade de historia da música (594416) do corpo de profesores de música e artes escénicas (594)

LIGAZÓN ao VIDEOTITORIAL para a solicitude

Prazo de presentación de solicitudes dende o venres día 4 de febreiro ata o día xoves 17 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

Solicitudes obrigatoriamente por sede electrónica:

1º. Acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A e "tramitar en liña"

2º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

3º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

Listas de substitucións