Apertura de listas de substitución en especialidades de SECUNDARIA e PTFP


03 Feb, 2022

WEB - Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións de diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590): Lingua e literatura galega, Informática, Organización e proxectos de fabricación mecánica e Procesos e produtos en madeira e moble e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591): Equipos electrónicos, Instalacións electrotécnicas,Sistemas e aplicacións informáticas e Soldadura.

Prazo de presentación de solicitudes dende o venres día 4 de febreiro ata o día martes 8 de febreiro de 2022, ambos incluídos.

LIGAZÓN ao VIDEOTITORIAL para a solicitude

Resolución pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións de diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e do corpo de profesores técnicos de formación profesional (591)

Solicitude de inscrición:

1º. Acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude premendo en "Tramitar en liña".

2º. Seguir os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

Listas de substitucións