CXT 21/22 - Publicación da adxudicación definitiva no DOG


18 Abr, 2022

DOGRESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos diferentes corpos... convocado pola Orde do 26 de outubro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 214, do 8 de novembro) (código de procedemento ED012A).

No caso de que ata o 31 de agosto deste ano resulten suprimidos postos de traballo adxudicados pola presente resolución e co obxecto de determinar cal é o profesorado afectado pola dita supresión, observarase o disposto no artigo 3 do Decreto 140/2006, do 31 de agosto, polo que se determinan os criterios de perda do destino definitivo polas funcionarias e funcionarios docentes. 

Tamén se poderán declarar anulados os destinos adxudicados que estean afectados pola estimación de recursos derivados desta resolución. O profesorado afectado e que participa como forzoso quedará na situación de suprimido con dereito preferente á localidade/zona en que se lle anula o posto de traballo obtido. Se participaron con carácter voluntario, adquirirán o dereito preferente á localidade e á zona na cal se lle anula o posto de traballo obtido ou en que tiña acreditado o destino definitivo, á súa elección, sempre e cando a súa resulta non fose cuberta.

De conformidade co establecido na base trixésimo cuarta da Orde do 26 de outubro de 2021 (DOG do 8 de novembro), a toma de posesión dos novos destinos adxudicados, que se realizará na xefatura territorial correspondente, terá efectividade administrativa do 1 de setembro de 2022, polo que o cesamento nos centros anteriores se expedirá con efectividade do 31 de agosto de 2022.