Convocatoria de prazas para centros que desexen acoller un docente estranxeiro


07 Xun, 2022

BOE - Resolución do 19 de maio de 2022, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan prazas para centros educativos de Educación Infantil e Primaria, Ensino Secundario, Formación Profesional ou de Ensinos de Réxime Especial que desexen acoller a un/a docente estranxeiro/a para o curso 2022/2023.

2.1 Os centros educativos interesados en participar neste programa poderán facelo nunha destas dúas modalidades:

a) Modalidade A. Como centro de acollida para un/a docente xa identificado/a, procedente dalgún dos países incluídos nesta resolución, e que estea a participar nun programa de mobilidade profesional no seu país de orixe.
b) Modalidade B. Como centro que desexa acoller a un/a docente dalgún dos países incluídos nesta resolución, que lle sexa asignado a través deste procedemento, se fose posible.

En ningunha das dúas modalidades recibirase axuda ou compensación económica nin se asegura que a asignación poida finalmente levar a cabo.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación acreditativa será de trinta días naturais contados desde o seguinte día hábil á publicación da presente Resolución