CXT 22/23 - Convocatoria de Concurso Xeral de Traslados ESTATAL


24 Out, 2022

DOG ORDE do 4 de outubro de 2022 pola que se convoca concurso de traslados entre o persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A).

As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED012A), tamén poderán cubrirse na páxina web https://www.edu.xunta.gal/cxt e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

O prazo de presentación de solicitudes do concurso de traslados, mediante o procedemento normalizado ED012A, será desde o día 17 de outubro ata o 7 de novembro de 2022, ambos os dous incluídos.

O número de peticións que cada participante pode incluír na súa solicitude non poderá exceder de 300, aínda que estas poderán ser a centro e/ou localidades.

* No caso de que o o expediente do persoal concursante non está actualizado ou se discrepa dos datos contidos en calquera categoría de datos deste poderase actualizar ou modificar no prazo de presentación de solicitudes do concurso xeral de traslados coa presentación por medios electrónicos da solicitude normalizada de actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (código de procedemento ED011A)

* No caso de que figuren méritos xa validados no expediente persoal pero non aparecen baremados poderá presentar unha alegación no prazo que se estableza para reclamacións e renuncias.

 *Non se permitirá a presentación de documentación complementaria xunto coa solicitude de participación no concurso de traslados no procedemento código ED012A.

>>> Aclaracións - Instrución Nº 3/202

Resolución provisional: a mediados de febreiro.

Resolución definitiva: a mediados de abril.