Convocotoria das probas para os niveis CELGA


06 Mar, 2023

DOG - RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2023 (código de procedemento PL500C).

>> As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en maio/xuño de 2023. As datas concretas serán publicadas no Diario Oficial de Galicia.

>> As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

>> O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa corres- pondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles.

>> As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa de 16,92 euros.

Os códigos correspondentes á taxa son:
Consellería: Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Código: 07. Delegación: Servizos Centrais.

Código: 13.
Servizo: Secretaría Xeral de Política Lingüística. Código: 05.

Denominación da taxa: inscrición nas probas homologadas para a acreditación do nivel de competencia en lingua galega e mais a acreditación do nivel correspondente, de ser o caso. Código: 304401.