MEFP - Axudas para proxectos colaborativos en educación inclusiva, innovación e creatividade


25 Mai, 2023

MEFP - Convócanse axudas destinadas a promover agrupacións de centros educativos para a realización e posta en práctica de proxectos comúns que favorezan a educación inclusiva, a innovación educativa e a creatividade.

>> PRAZO de solicitudes do 24 de maio ao 6 de xullo.

>> Estas axudas están dirixidas a centros educativos públicos, incluídos os centros de educación especial, situados en territorio nacional, que impartan algunha das seguintes ensinanzas: educación infantil, as ensinanzas que constitúen a educación básica, zs ensinanzas que constitúen a educación secundaria postobligatoria, educación de persoas adultas e as ensinanzas de réxime especial.

>> Resolución do 17 de maio de 2023, da Secretaría de Estado de Educación.

>> O día 30 de maio ás 17:00 horas vai celebrar unha sesión informativa en liña sobre a convocatoria e sobre a tramitación da solicitude en sede electrónica.