Será de aplicación en todos os centros EPA da Comunidade Autónoma de Galicia dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e nos institutos de educación secundaria autorizados que impartan ensinanzas para persoas adultas.
- Niveis I e II da etapa das ensinanzas básicas iniciais: modalidades presencial e semi-presencial.
- 
	Educación secundaria para persoas adultas: modalidades presencial, semipresencial e a distancia. 
- 
	Bacharelato nas modalidades presencial, semipresencial e a distancia. 
- 
	Castelán e galego para inmigrantes. 
- 
	Preparación para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio. 
- 
	Actividades non regradas de carácter profesionalizante, de formación sociocultural e de desenvolvemento persoal e comunitario. 
- 
	Aula Mentor. 
 
				 
			
							 
			
							 
			
							 
			
							 
			
							
						 
		
										 
		
										 
		
										 
		
										