Últimas prazas preparación nivel C1 intensivo con Pearson Test of English (PTE)


07 Set, 2023

WEB ANPE estableceu un convenio con The Lion´s Corner School of English para ofrecer cursos preparatorios do Pearson Test of English (PTE) para certificar os niveis B2 e C1 no idioma inglés.

>> C1 Quenda sábado Sesións: 16 , 23 , 30 de setembro + 7 , 14 , 21 , 28 de outubro + 4 , 11 , 18 , 25 de novembro + 2 , 9 de decembro.

>> Horario das clases: sábados de 9:30 a 13:00 h.

>> Os cursos son 100% EN LIÑA. As clases son impartidas por un PROFESOR EN DIRECTO (non son clases fronte a unha máquina virtual), por videoconferencia a través de Google Meet. Só necesitas uns auriculares con micro e un computador, tableta ou smartphone con conexión a internet.

Enfoque comunicativo: en clase interactúase constantemente co profesor e cos compañeiros. Trabállanse todas as destrezas que se avalían na proba Pearson: listening, reading, speaking e writing. Sempre con material auténtico de exame.

Os grupos son reducidos, máximo 10 alumnos.

>> Para máis información

ANPE Formación Nacional

 +34 915 229 056

 +34 690 218 591

 formacion.nacional@anpe.es