Persoal funcionario de carreira e prácticas - prazo para actualización de expediente


27 Set, 2023

WEB - Apertura dun prazo para actualizar o expediente persoal para o persoal docente funcionario de carreira e de prácticas a partir do 3 de OUTUBRO.

>> O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 03/10/2023 ata o día 09/10/2023.

>> O persoal docente funcionario de carreira e de prácticas  e o persoal docente dependente doutra Administración educativa que obtivo praza no último CXT na Comunidade Autónoma de Galicia poderán actualizar o seu expediente persoal naquelas categorías de datos nas que non consten os datos actualizados, estean incompletos ou incorrectos.

>> A solicitude cubrirase obrigatoriamente a través do formulario normalizado accesible na páxina web https://www.edu.xunta.gal/datospersoais/ e presentarase obrigatoriamente pola sede electrónica da Xunta de Galicia. Unha vez dentro da aplicación, hai que seguir as instrucións que figuran en dita aplicación empezando por CREAR unha INSTANCIA que recolla todas e cada unha das alegacións.

*non é preciso que presente a documentación de novo posteriormente na sede electrónica se xa a engadiu na aplicación de datos persoais.

*como documentación xustificativa non é válido engadir un arquivo no que consten unidos varios documentos alegados en diferentes categorías ou apartados do expediente. O documento que anexe deberá corresponderse con cada alegación que formule.

*só se permite engadir un máximo de 2 documentos por cada alegación.