Convocatoria prazas de asistencia a eventos de formación eTwinning 2024


05 Dec, 2023

BOE - Convócanse prazas de asistencia a eventos de formación dentro do marco da acción eTwinning para o ano 2024.

Convócanse 181 prazas para a asistencia a varios eventos de formación durante o ano 2024 dentro do marco da acción eTwinning nos países participantes no programa, distribuídas en dúas edicións.

Este programa ten como finalidade reforzar o conxunto de accións destinadas a fomentar o traballo colaborativo entre docentes e alumnado das etapas educativas non universitarias dos países participantes en eTwinning, crear ou participar en comunidades profesionais a escala da Unión Europea, fomentar a aprendizaxe de linguas estranxeiras e os intercambios culturais, mellorar a calidade da formación do profesorado, así como promover a innovación e a adopción de metodoloxías e modelos pedagóxicos máis eficaces.

 

>> 1ª Edición: 81 prazas. Prazo de presentación de solicitudes do 4  ata o 18 de decembro de 2023.

>> 2ª Edición: 100 prazas. Prazo de presentación de solicitudes do  6 ao 20 de maio de 2024.

>> SOLICITUDE na Sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

 >> Resolución da convocatoria co procedemento

Para realizar consultas sobre esta convocatoria podedes escribir a info.etwinning@educacion.gob.es