MUFACE - apertura de prazo para cambio voluntario de entidade sanitaria


02 Xan, 2024

WEB - Apertura do único prazo para CAMBIO VOLUNTARIO de entidade sanitaria por parte dos mutualistas de MUFACE.

Ao longo deste MES de XANEIRO, as persoas mutualistas que así o desexen poden solicitar o cambio ordinario de entidade sanitaria á que estean adscritas e récordase que SO se pode facer neste período.

>> O cambio pode realizarse do SERGAS para ás entidades aseguradoras incluídas no Concerto de Asistencia Sanitaria 2022-2024: Asisa, DKV e SegurCaixa Adeslas ou viceversa das entidades ao SERGAS e se fará a través da sede electrónica de MUFACE. 

>> Antes de realizar o cambio, o colectivo mutualista pode comprobar a oferta das distintas entidades na seguinte LIGAZÓN

>>  A solicitude do cambio ordinario de entidade pode realizarse a través de distintos medios:

  • Sede electrónica , con Cl@ve permanente ou Cl@ve PIN, certificado electrónico ou DNI electrónico. Pode facerse en calquera momento e é a vía máis rápida.
  • Se non se realiza por medios electrónicos, pode enviarse o formulario por correo postal, á correspondente oficina provincial, ou presentalo en calquera rexistro dos contemplados no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
  • En caso de problemas co servizo electrónico ou o envío postal, tamén se pode acudir ás oficinas provinciais para formular a solicitude, con cita previa: LIGAZÓN

>>  Unha vez feito o cambio, se se solicitou a adscrición a servizo público de saúde, a correspondente tarxeta sanitaria ha de solicitarse no respectivo Centro de Saúde. Se pola contra pediuse a adscrición a unha entidade concertada, será a propia entidade a que remita a nova tarxeta no prazo dunha semana.