Resolución do concurso Eduemprende Idea 2024


10 Xan, 2025

WEB - Resolución do 26 de decembro de 2024 pola que se fai pública a relación de proxectos premiados no concurso Eduemprende Idea 2024, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos, convocado pola Orde do 11 de xaneiro de 2024

Parabéns a todo o equipo educativo polo esforzo e a dedicación que se reflicten neste premio. Sabemos que detrás de cada éxito hai moito traballo, e este recoñecemento é un exemplo claro de que o esforzo e a implicación de toda a comunidade educativa dan os seus froitos.

Noraboa a todos e todas!