Polo cumprimento íntegro do Acordo sobre medidas de mellora – Resumo da conferencia de prensa


08 Abr, 2025

WEB - Polo cumprimento íntegro do Acordo sobre medidas de mellora: RESUMO breve da ROLDA de PRENSA

O pasado venres, CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP convocamos unha conferencia de prensa para demandar o cumprimento íntegro do "Acordo sobre medidas de mellora".

 

Sabemos moi ben o que asinamos e proba de que é un moi bo acordó é o feito de que as organizacións sindicais que non o asinaron, reclaman a día de hoxe vehementemente a súa aplicación.

Preparamos este resumo no que en menos de 10 minutos podes coñecer, con probas, a situación non cumprimento íntegro por parte da Consellería de Educación.

 

Que non che conten contos! A diferenza entre quen se limita a protestar e quen traballa con rigor por  avances concretos é que só as organizacións que asinamos e defendemos o Acordo estamos acadando constantemente conquistas reais para o profesorado galego.

A nosa folla de ruta está clara: denuncia pública, mobilización, acción institucional e vía xudicial. Seguiremos a esixir o cumprimento íntegro do Acordo ata as últimas consecuencias. Porque cumprir os acordos non é unha opción: é unha obriga.