- Prazo de presentación: 50 días naturais dende o 12 de abril.
- Modalidade A. Educación Secundaria Obrigatoria, Ciclos Formativos de Formación Profesional de Grao Básico e Educación Especial.
Modalidade B. Bacharelato, Ciclos Formativos de Formación Profesional de Grao Medio e Grao Superior, Ensinos de Réxime Especial e Educación de persoas adultas.
- Formatos: a) Creación literaria: relato, conto ou poesía. b) Ensaio e investigación. c) Creación plástica. d) Videoxogo. e) Creación audiovisual.
- O primeiro premio constará de diploma acreditativo e un premio en especie por un importe máximo de 1.500 euros para participación individual do alumnado ou 5.000 euros para participación en grupo de alumnos. O segundo premio constará de diploma acreditativo e un premio en especie por un importe máximo de 1.000 euros ou para participación individual do alumnado 2.500 euros para participación en grupo de alumnos.