Concurso Escolar Nacional «Vivir, Sentir e Contar a Democracia: España en liberdade. 50 anos


12 Abr, 2025

BOE - Extracto da Resolución do 8 de abril de 2025, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convoca o Concurso Escolar Nacional «Vivir, Sentir e Contar a Democracia: España en liberdade. 50 anos».

  • Prazo de presentación: 50 días naturais dende o 12 de abril.
  • Modalidade A. Educación Secundaria Obrigatoria, Ciclos Formativos de Formación Profesional de Grao Básico e Educación Especial.

Modalidade B. Bacharelato, Ciclos Formativos de Formación Profesional de Grao Medio e Grao Superior, Ensinos de Réxime Especial e Educación de persoas adultas.

  • Formatos: a) Creación literaria: relato, conto ou poesía. b) Ensaio e investigación. c) Creación plástica. d) Videoxogo. e) Creación audiovisual.
  • O primeiro premio constará de diploma acreditativo e un premio en especie por un importe máximo de 1.500 euros para participación individual do alumnado ou 5.000 euros para participación en grupo de alumnos. O segundo premio constará de diploma acreditativo e un premio en especie por un importe máximo de 1.000 euros ou para participación individual do alumnado 2.500 euros para participación en grupo de alumnos.