- O novo Concerto de MUFACE para asistencia sanitaria de entidades concertadas 2025-2027 entra en vigor o 1 de maio de 2025.
A entidade DKV non formará parte do devandito Concerto, polo que ao longo do mes de maio haberá que cambiar de entidade médica.
Durante todo o mes de maio terase asegurada a asistencia médica de DKV polo que o cambio que se realice, na data que sexa ao longo do mes de maio, será efectivo o 1 de xuño.
Se existe hospitalización prevista, tratamentos etc. a entidade poñerase en contacto para solicitar os datos necesarios. En casos determinados existe continuidade especial.
- A oferta de asistencia sanitaria das entidades concertadas para o novo concerto coñecerase o 1 de maio, e poderase atopar a partir dese día, xunto co relativo a servizos públicos de saúde, no apartado específico da páxina web de MUFACE. POLO QUE, hai tempo suficiente para informarse e facer unha elección responsable.
Unha vez decidida a opción, poderase realizar o cambio de entidade polos seguintes medios:
- A través da sede electrónica, utilizando a identificación Cl@ve, certificado electrónico ou DNIe. É a opción máis rápida e segura e a que recomendamos, xa que se prevé saturación de afluencia ás nosas oficinas en maio. Utilizando o impreso especial de cambio forzoso DKV.
- Ou ben cubrindo este impreso: MODELO DE SOLICITUD MUTUALISTAS DKV que poderá presentarse a través doutros rexistros administrativos, en oficinas con cita previa ou por correo postal. Como solicitar cita previa en MUFACE: LIGAZÓN
- En caso de non exercitar a opción, o 1 de xuño serán dados de alta de oficio no servizo público de saúde (INSS).
Por este motivo, se a elección é o INSS non é necesario facer nada.
Se houbese tratamentos activos na RECEITA ELECTRONICA CONCERTADA de MUFACE (SIREM), hai que ter en conta que o cambio de entidade implica a necesidade de acudir ao novo médico para reactivar os tratamentos no sistema. Haberá un período transitorio durante o cal se poderá seguir retirando a medicación con normalidade, pero débese acudir ao facultativo concertado da nova entidade a partir de xuño para a activación electrónica.
Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE