- Nese momento abrirase un período especial de cambio ordinario de entidade, nos termos do Concerto e do Convenio subscrito co INSS, que durará un mes, do 1 ao 31 de maio.
- Durante o mes de maio todos os mutualistas poderán optar, se o desexan, pola entidade que libremente consideren, sexa pública (INSS) ou concertada (SEGURCAIXA-ADESLAS ou ASISA). Se non desexan cambiar de entidade, non deben facer ningunha xestión.
Os mutualistas actualmente adscritos a DKV terán o mesmo prazo para realizar o cambio forzoso a outra entidade (INSS, SEGURCAIXA-ADESLAS ou ASISA) e, se non realizasen este cambio entre o 1 e o 31 de maio serán adscritos ao INSS de oficio (servizos autonómicos públicos). Por este motivo, se o que se elixe é asistencia sanitaria autonómica (INSS) non é preciso realizar solicitude nin xestión algunha. O cambio será efectivo con data 1 de xuño independentemente do día en que se solicitou e da opción elixida e, ata entón, a entidade DKV prestará a asistencia sanitaria nos mesmos termos e condicións que ata o de agora.
Será posible a presentación de solicitudes polas canles habituais, tanto electrónicos ( e-sede ) como convencionais ( oficinas , correo postal e outros), aínda que se recomenda a vía electrónica, como vía para realizar os trámites sen esperas.