WEB - ANPE denuncia os recortes nos cadros médicos de Adeslas e Asisa tras a publicación do novo concerto e a pesar do aumento orzamentario de Muface
A pesar de que o Goberno aprobou unha subida histórica do 41.2% na prima media por mutualista as aseguradoras voltaron a recortar os cadros médicos. Esta decisión afectará aos funcionarios e as súas familias, que perderán acceso aos seus actuais profesionais e centros médicos.
Ante esta situación, ANPE recomenda aos afectados presentar reclamacións formais/queixas a través das canles establecidas por MUFACE:
- Instrucións para presentar QUEIXA ante MUFACE: LIGAZÓN
Por unha eficiente e correcta atención sanitaria, Fagámonos oír en Muface a través das nosas queixas!
Podedes remitilas tamén por correo electrónico a anpe@anpe.es para poder levar a cabo unha maior presión.