OPOSICIÓNS 2025 – Acceso restrinxido ás consultas públicas: un novo ataque aos nosos dereitos


20 Xun, 2025

WEB - A Consellería cambia a última hora o acceso ás CONSULTAS PÚBLICAS cun acceso restrinxido que pode vulnerar os dereitos fundamentais de transparencia e representación sindical. 

Nun xiro inesperado, a Administración aplicou restricións de acceso ás consultas públicas relacionadas co proceso de oposicións de 2025. Desde ANPE denunciamos esta nova mostra de opacidade e esiximos a reversión inmediata da decisión.

Restrinxir o acceso só ás persoas opositoras matriculadas nesa especialidade e denegar o acceso aos representantes sindicais pode constituír unha limitación inxustificada do dereito á información. 

1. Dereito á información sindical

Dacordo co artigo 37.1 c) do EBEP e o artigo 10.3 da Lei Orgánica de Liberdade Sindical (LOLS), as organizacións sindicais teñen dereito a:

  • Acceder á información que afecte aos procesos selectivos.
  • Realizar seguimento destes procesos na defensa dos dereitos das persoas aspirantes e do persoal funcionario.
  • Función recoñecida no control da legalidade do proceso.

2. Principio de publicidade e transparencia

O artigo 55.2 do EBEP esixe que os procesos selectivos se desenvolvan con transparencia e publicidade, o que inclúe:

  • Publicación de listas, cualificacións, criterios, instrucións, avisos do tribunal, etc.
  • Dispoñibilidade accesible, non só para as persoas aspirantes, senón tamén para as partes interesadas (incluídos os sindicatos).
  • A importancia da publicidade para garantir e reforzar o principio de obxectividade, mérito e capacidade de acceso á función pública.

3. Ausencia de normativa que prohíba a súa publicación, é mais, a orde que regula os procesos selectivos recolle a publicidade na web da consellería. 

 Polo tanto, este acceso restrinxido supón un grave retroceso en materia de transparencia e vai en contra do establecido na Lei 19/2013 de transparencia que ampara o dereito da cidadanía a coñecer cómo se xestiona o acceso á función pública, polo que, dende ANPE esiximos a rectificación inmediata e restitución do principio de publicidade como garantía de obxectividade.

 

Para calquera dúbida, contacta con ANPE.