-
Cada escola de arte e superior de deseño deberá enviar unha única solicitude segundo o anexo, asinada polo/a director/a, dirixida á directora xeral de Formación Profesional Xunta coa documentación.
-
A solicitude e documentación dirixirase a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a Dirección Xeral de Formación Profesional, e presentarase a través do enderezo de correo electrónico sereap@edu.xunta.gal, debendo identificarse coa denominación «PluriArt EASD». Logo de recibida a solicitude de participación nos ciclos formativos plurilingües, a Dirección Xeral de Formación Profesional solicitará o informe pertinente á Inspección Educativa.
-
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará aos dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.
O profesorado que participe neste programa de innovación educativa recibirá un certificado acreditativo ao remate de cada curso escolar, cunha equivalencia de 50 horas de formación do profesorado para aquel que imparta módulos en lingua estranxeira, e con independencia do número de módulos impartidos e do número de ciclos plurilingües.