• Noticia nova

Apertura listas de interinidades/substitucións corpo de EOI: italiano e xaponés


13 Out, 2025

WEBConvocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592)

592012 - Italiano

592013 - Xaponés

  • Prazo: do 14 ao 27 de outubro

Anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede: https://ovt.atriga.gal

(Códigos: Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, código 07; Delegación de Servizos Centrais, código 13; Servizo de Secretaría, código 01; taxa denominación, solicitude de inscrición nas listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo na administración da Comunidade Autónoma: código 300301).

Os dereitos de inscrición nas listas serán de 18,40 euros por cada especialidade (consulta na resolución as exencións de paga de taxas)

 

Titulacións: Anexo IV (Profesores/as de escolas oficiais de idiomas) da Orde de 2 de outubro de 2023 pola que se modifica a Orde do 20 de novembro de 2019