• Noticia nova

Comunicado conxunto ANPE, CCOO e UXT sobre UNIDADE SINDICAL


24 Out, 2025

WEB - COMUNICADO CONXUNTO  AO PROFESORADO GALEGO SOBRE A UNIDADE SINDICAL

As organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP lamentamos profundamente o malestar xerado entre o profesorado como consecuencia da situación que existe actualmente entre as organizacións sindicais do ensino galego.

AS NOSAS ORGANIZACIÓNS SÍ QUE APOSTAN POLA UNIDADE SINDICAL, DE VERDADE, NON CON FINS ELECTORAIS:

Demostrámolo cada vez que nos mobilizamos co resto de sindicatos presentes nas mesas sectoriais de Cantabria, Extremadura ou Asturias.

Que significa isto? Pois que en Galicia o elemento discordante é outro, non CCOO Ensino, ANPE ou UGT-SP. Nós temos tradición e vontade de unidade sindical, pero non a calquera prezo.

En resumo, desde CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP asumimos o "custe momentáneo por non ir de comparsa doutra organización sindical" e lamentamos que se esquezan tan rápido os avances que imos conseguindo con moito esforzo uns poucos sindicatos para o conxunto de todo o profesorado. Outras organizacións levan 17 anos sen conseguir nada. 17 anos!!

Somos sindicatos serios e chamamos á mobilización cun obxectivo claro, non só para facer ruído e cando apretan os intereses electorais.

Sabemos con quen debemos enfrontarnos para conseguir melloras, que é coa Consellería de Educación, e con quen non, que é entre os sindicatos. Por respecto ao labor sindical do resto de organizacións manterémonos nun segundo plano ata que pase a folga, pero non imos aceptar que se manipule ao profesorado con información falsa.

A partir do día 30 de outubro, estaremos dispoñibles para quen queira falar con nós con respecto, con carácter construtivo e buscando unha unidade sindical real.

NOTA FINAL: Non imos contribuír ao ruído nin alimentar polémicas estériles. Desde este momento, non responderemos ás interpelacións públicas que se fagan ás nosas organizacións sobre esta convocatoria de folga, por responsabilidade e co único obxectivo de evitar que se nos acuse inxustamente de querer desmobilizar ao profesorado.