• Noticia destacada

Mesa Sectorial - Borrador da OEP, Orde de Oposicións 2026, Modificación Addenda interinos


04 Feb, 2026

WEB - Convocatoria de Mesa Sectorial co proxecto de Decreto da OEP (Oferta de Emprego Público),  Orde das oposicións 2026 e Modificación do Acordo de interinos e substitutos.

1. Proxecto de Decreto ____/2026 polo que se aproba a Oferta de Emprego Público correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes.

2.  Orde ___de 2026 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso aos diferentes corpos docentes e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Proposta de modificación do Acordo polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería que imparte ensinanzas distintas das universitarias

 

Podes enviar as túas aportacións a galicia@anpe.es ata a o 9 de febreiro.

Dende ANPE, insistimos en que esta non é a forma axeitada de proceder. A oferta de especialidades e prazas debería negociarse previamente na Mesa Sectorial e ser o máis ampla posible, tendo en conta a crecente demanda de profesorado para atender todas as necesidades educativas que se incrementan cada ano.

 

 

2601_proposta_orde_opos_26
26_plazas_opos_log
proposta_decreto_oferta_emprego_2026