De acordo co establecido na base 7.5 da Orde do 18 de febreiro de 2026, realizouse o sorteo dos/as vogais que formarán parte dos tribunais que xulgarán estes procedementos.
-
Vogalías do proceso selectivo de Secundaria e outros
7.6.4. A participación nos órganos de selección ten carácter obrigatorio, salvo:
Sen prexuízo do anterior, as presidencias dos tribunais concederán a suplencia, ademais de nos supostos previstos na Lei 40/2015, do 1 de outubro, a aquelas persoas que a soliciten:
- e actuaran como membros dun tribunal de oposicións durante o ano 2021 ou seguintes, as que sexan directores ou directoras dun centro.
- as persoas seleccionadas para participar na modalidade 2 do Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE).
- as que teñan permiso sindical a tempo total
- aquelas persoas que estean a gozar dunha redución de xornada con anterioridade ao 1 de maio de 2026 e que continúen durante o período no que lle correspondería actuar como membro do tribunal.
- as que estean gozando do permiso de nacemento da nai biolóxica, ou por adopción, por garda con fins de adopción, ou acollemento, tanto temporal como permanente, do permiso do proxenitor diferente da nai biolóxica por nacemento, garda con fins de adopción, acollemento ou adopción dun fillo ou filla.
- e as que estean en situación de incapacidade temporal regulamentariamente concedida.
7.6.1. Logo da convocatoria da presidencia constituiranse os tribunais no prazo máximo de cinco (5) días hábiles desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, sendo precisa a asistencia da presidencia titular ou, se é o caso, da suplente, e de, polo menos, tres vogais, titulares ou suplentes.
7.6.3. A suplencia do presidente/a será autorizada pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos; a dos/das vogais, polo presidente ou presidenta que vaia actuar, tendo en conta que deberá recaer no/na vogal suplente respectivo do tribunal suplente número 1 ou, na súa falta, nos/nas que o/a sigan, segundo a orde en que figuren na disposición que os/as nomeou. Se non puider constituírse así o tribunal, acudirase, pola mesma orde, aos/ás vogais do tribunal suplente número 2.
➡️ ACLARACIÓN COMPOSICIÓN TRIBUNAIS
