Fondo de Acción Social (FAS) - convocatoria de axudas 2025


15 Abr, 2026

DOG - RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se autorizan os criterios de repartición e a convocatoria do Fondo de Acción Social para o exercicio económico do ano 2025 relativos á axuda para a atención de PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

DOG 17/04/26 -  Corrección de erros 

Solicitantes:

a) Persoal funcionario, incluído o persoal docente. 

b) Persoal laboral do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia que cumpra unhas condicións.

c) Profesorado de relixión.

A solicitude será única, con independencia do número de persoas causantes con discapacidade polas que se solicita a axuda, e xerarase de forma telemática desde internet: https://www.xunta.es/dxfp/fas.htm. Presentarase dentro do prazo dos dez días hábilesseguintes ao da publicación desta convocatoria no DOG no rexistro ou de forma dixital a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada) mediante trámite de solicitude xenérica, a través do servizo PR004A, e dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal. No obxecto do asunto indicarase: convocatoria do Fondo de Acción Social do ano 2025. Xunto coa solicitude achegaranse tamén as copias auténticas dos documentos que se exixen e das certificacións que xustifiquen os feitos que se aleguen.

ANPE solicita para todo o persoal docente a restitución das axudas do Fondo de Acción Social eliminadas "temporalmente" dende o 2012 polo goberno galego.

Canto máis imos ter que agardar?  Levamos 14 anos coas medidas temporais!

ANPE seguirá a loitar pola restitución dos dereitos eliminados pola administración galega.