Do bulo ao dato! Cal era o punto de partida?


15 Mai, 2026

WEB - Do bulo ao dato! Cal era o punto de partida?

Antes de valorar a redución horaria, cómpre entender ben de onde vimos.

  • En Galicia falamos de sesións de 50 minutos, mentres noutros territorios son de 55 ou 60. E aínda que as 20 sesións lectivas nos situaban á cola do Estado, en Galicia tiñamos a permanencia fixa no centro máis baixa do país.
  • O obxectivo era claro: baixar a 18 sesións lectivas, manter a duración das sesións e conservar unha permanencia fixa reducida.

E que non che quenten a cabeza coa "excepcionalidade ás 20 sesións", aquí tes este asunto explicado: https://anpegalicia.es/notices/203036/

Menos ruído. Máis datos.