PRAZO: do 6 ao 17 de xullo.
SOLICITUDES: A solicitude e documentación dirixirase á Dirección Xeral de Formación Profesional, polo correo electrónico sereap@edu.xunta.gal e debe identificarse coa denominación «PluriArt EASD».
- Enténdese por ciclo plurilingüe o ciclo formativo que cumpra o requisito de impartir en lingua estranxeira un ou máis módulos profesionais, tanto no primeiro curso do ciclo como no segundo.
- Con carácter xeral, os módulos profesionais serán impartidos en alemán, francés, inglés ou portugués.
- Requisitos:
a) Comprometerse a desenvolver os ciclos formativos plurilingües cando menos durante dous anos, de tal xeito que o alumnado que se incorpore no primeiro curso poida completar os dous cursos do ciclo formativo.
b) Iniciar os ciclos formativos plurilingües no primeiro curso destes ciclos.
c) Dispor de profesorado cualificado para impartir os módulos en lingua estranxeira.
d) Participar e colaborar no desenvolvemento dos procesos de avaliación do alumnado e dos propios centros que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional organice.
-
O profesorado que imparta módulos en lingua estranxeira deberá cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter atribución docente para impartir estes módulos.
b) Acreditar, cando menos, o nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL) na lingua obxecto do programa.
- A dirección nomeará coordinador/a a un docente con destino definitivo que imparta un ou máis módulos en lín gua estreanxeira coa redución dun período lectivo.
- Certificado de 50 h de formación para o profesorado.