Cada centro poderá participar cun máximo de 25 alumnos e/ou alumnas, todos do mesmo nivel educativo.
O desenvolvemento das actividades terá lugar en períodos semanais. As actividades desenvolveranse entre os meses de outubro, novembro e decembro de 2018.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 2 de xullo de 2018.
Os centros interesados deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Certificación da aprobación polo Consello Escolar da participación nestas actividades, segundo o modelo que figura no anexo II.
b) Proxecto de participación, cun máximo de cinco folios, segundo o modelo que figura no anexo III.