As eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar realizaranse entre os días 26 e 30 de novembro de 2018, ambos os dous incluídos. Non obstante, co fin de fomentar a participación de todos os sectores implicados, é desexable que, dentro das posibilidades de cada centro, a xunta electoral fixe unha única data para as votacións correspondentes, de acordo co procedemento establecido.
As eleccións para a primeira constitución do consello escolar nos centros que iniciaron o seu funcionamento no curso 2018/19 realizaranse entre os días 12 e 16 de novembro de 2018, ambos os dous incluídos. Non obstante, co fin de fomentar a participación de todos os sectores implicados, é desexable que, dentro das posibilidades de cada centro, a xunta electoral fixe unha única data para as votacións correspondentes:
a) Para os centros de educación infantil, primaria e secundaria, de acordo coa Orde desta consellería do 21 de outubro de 1996.
b) Para os centros públicos integrados, no artigo 11 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro.
c) Para os centros públicos de ensino non universitario de características singulares, de educación especial e de educación de adultos, na Orde desta consellería do 29 de outubro de 1996, corrección de erros no DOG do 15 de novembro
1. A acta do escrutinio da votación de cada mesa electoral, á cal se refire o artigo 50 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, na súa redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, farase segundo o modelo que se publica como anexo I a esta resolución.
2. De conformidade co establecido no artigo 51 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, a dirección do centro, como presidencia da xunta electoral, unha vez proclamados os candidatos e candidatas elixidos, dará traslado das copias das actas de cada mesa electoral ao xefe ou xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
3. Logo da constitución do consello escolar, á que se refire o artigo 52 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, a dirección do centro remitirá ao xefe ou xefa territorial, antes do 20 de decembro de 2018, o informe de seguimento que se publica como anexo II a esta resolución.