- 
	Prazo de inscrición: • Nas ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, o prazo rematará o 16 de xuño de 2025. • Nas ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, o prazo rematará o 6 de xuño de 2025. • Nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño, o prazo rematará o 6 de xuño de 2025. • Nas ensinanzas artísticas superiores de Música, o prazo rematará o 23 de maio de 2025. 
- 
	Solicitudes de inscrición: a) Con carácter xeral, as solicitudes cubriranse de xeito telemático a través do formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/eas b) Esta solicitude de inscrición será única e vinculante para o curso 2025/26, sen posibilidade de modificación unha vez rematado o prazo de inscrición establecido na presente resolución. 
- 
	Formalización da solicitude de inscrición: • Para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais e ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño, as persoas solicitantes deberán dirixirse á secretaría do centro de ensinanzas artísticas superiores en que soliciten realizar a proba específica de acceso. As persoas solicitantes que opten pola quenda de acceso directo ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais e ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño deberán dirixirse ás secretarías dos centros sinalados na súa solicitude de inscrición como primeira opción para cursar estudos. • Para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Música, as persoas solicitantes deberán dirixirse á secretaría do centro sinalado na súa solicitude de inscrición como primeira opción para cursar estudos. 
 
				 
			
							 
			
							 
			
							 
			
							 
			
							
						 
		
										 
		
										 
		
										 
		
										