• Noticia nova

PAU - instrucións para a realización da proba de acceso á universidade


24 Abr, 2025

DOGResolución do 11 de abril de 2025, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización da proba de acceso á universidade (PAU) no curso 2024/25.

Convocatoria ordinaria: 3, 4 e 5 de xuño de 2025.

Convocatoria extraordinaria: 1, 2 e 3 de xullo de 2025.

As cualificacións provisionais da PAU publicaranse nas seguintes datas:

– Convocatoria ordinaria: 12 de xuño.

– Convocatoria extraordinaria: 10 de xullo.

  • O alumnado ou, no caso de menores de idade, as nais, os pais ou persoas titoras legais, poderán dirixir á presidencia do Tribunal Único unha solicitude de revisión da cualificación obtida nun ou varios exercicios no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación das cualificacións.

O procedemento de revisión deberá finalizar no prazo máximo de cinco días hábiles, contados a partir da data de finalización do prazo establecido para a presentación das reclamacións. Finalizado o procedemento, o tribunal cualificador adoptará a resolución que estableza as cualificacións definitivas cuxos resultados fará públicos, mediante acceso individualizado, na web establecida para o efecto e de acordo co calendario aprobado pola CIUG. A publicación desta resolución porá fin á vía administrativa.

Poderá interporse recurso de reposición, ante o órgano que dite a resolución, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou impugnarse directamente, ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, de acordo co disposto nos artigos 9.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora desta.

O alumnado ou, no caso de menores de idade, as nais, os pais ou persoas titoras legais, terán dereito a ver os exercicios revisados no prazo máximo de dez días hábiles desde o día seguinte ao da notificación da resolución do procedemento de revisión.

As cualificacións definitivas da PAU publicaranse nas seguintes datas:

– Convocatoria ordinaria: 19 de xuño.

– Convocatoria extraordinaria: 17 de xullo.

MÁIS INFORMACIÓN: LIGAZÓN