• Noticia nova

Axudas alumnado para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés


06 Mar, 2026

WEBAxudas do Ministerio de Educación para o alumnado para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés en España

  • Número de prazas: un máximo de 2.400 bolsas
  • PRAZO: do 6 ao 10 de marzo
  • DATAS: no mes de xullo de 20226
  • DESTINATARIOS: 
  1. Nacer entre o 1 de xaneiro de 2006 e o 31 de decembro do 2009.
  2. Obter no curso 2025-2026 a condición de bolseiro do MEFPD
  3.  Estar matriculado no curso 2025/26 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos: Bacharelato, Ensinanzas profesionais de música e danza Grao medio de Formación Profesional Grao medio de artes plásticas e deseño Grao medio de ensinanzas deportivas, Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.
  4. Ter aprobadas todas as materias do curso 2024-2025 a data de finalización do curso cunha nota final mínima de 9 puntos na materia de inglés. No caso de solicitantes que estean matriculados en ensinos bilingües, pero non cursasen a materia de inglés como materia individualizada o curso anterior, terase en conta a cualificación obtida na materia de inglés de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria
  • DOTACIÓN: Axuda para a estancia e participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España dunha semana de duración, en réxime de internado e pensión completa. A dotación non cobre o transporte ata as instalacións, que corre por conta do alumno. Así mesmo, para completar o prezo total do curso o alumno abonará necesariamente 100 euros á empresa que se lle asigne.
  • Convocatoria con todo o proceso

Na ligazón da noticia, tes toda a información e accesos.