WEB - Resolución provisional do proceso de acreditación da Competencia Dixital Docente, CDD
Prazo de 5 días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias, ante a presidencia da Comisión.
- Resolución provisional
 - Anexo I - Asignación de nivel aos roles
 - Anexo II - Acreditación por titulacións
 - Anexo III - Acreditación por análise e validación de evidencias
 
Dende ANPE, como membro integrante da comisión que regula este procedemento, presentamos as seguintes ALEGACIÓNS:
- Demandamos que se revisen e actualicen os datos referidos a roles e postos de traballo (por exemplo, o profesorado que participou no programa EDIXGAL o curso pasado) e que a correspondente acreditación estea engadida con anterioridade ao inicio da convocatoria do CXT para o curso 25/26.
 - Solicítase que a temporalización desta convocatoria sega o mesmo calendario actual e, como mínimo, que estea sempre rematada antes do inicio do CXT correspondente.
 - Dende ANPE solicitamos que todas as actividades de formación feitas en calquera comunidade autónoma, homologadas e certificadas en áreas e/ou niveis de CDD, sexan automaticamente recoñecidas de oficio pola administración e, desta forma, pasen a formar parte do expediente de cada docente.
 - Pedimos que se fagan públicos os números globais do profesorado galego xa acreditado por niveis e tamén quen estaría actualmente por debaixo do nivel B1 de acreditación da CDD.
 
Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE