WEB - Resolución provisional do proceso de acreditación da Competencia Dixital Docente, CDD
Prazo de 5 días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias, ante a presidencia da Comisión.
- Resolución provisional
- Anexo I - Asignación de nivel aos roles
- Anexo II - Acreditación por titulacións
- Anexo III - Acreditación por análise e validación de evidencias
Dende ANPE, como membro integrante da comisión que regula este procedemento, presentamos as seguintes ALEGACIÓNS:
- Demandamos que se revisen e actualicen os datos referidos a roles e postos de traballo (por exemplo, o profesorado que participou no programa EDIXGAL o curso pasado) e que a correspondente acreditación estea engadida con anterioridade ao inicio da convocatoria do CXT para o curso 25/26.
- Solicítase que a temporalización desta convocatoria sega o mesmo calendario actual e, como mínimo, que estea sempre rematada antes do inicio do CXT correspondente.
- Dende ANPE solicitamos que todas as actividades de formación feitas en calquera comunidade autónoma, homologadas e certificadas en áreas e/ou niveis de CDD, sexan automaticamente recoñecidas de oficio pola administración e, desta forma, pasen a formar parte do expediente de cada docente.
- Pedimos que se fagan públicos os números globais do profesorado galego xa acreditado por niveis e tamén quen estaría actualmente por debaixo do nivel B1 de acreditación da CDD.
Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE