- O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 31 de maio de 2026.
- Acceso á aplicación informática do Programa Seccións Bilingües: https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos/
O profesorado implicado no programa de seccións bilingües recibirá un certificado acreditativo de participación nunha actividade de innovación educativa cunha equivalencia de 50 horas de formación permanente do profesorado para o profesorado CLIL/AICLE e 20 horas para a persoa coordinadora. Naqueles casos en que o profesorado actúe, ao mesmo tempo, como profesor ou profesora CLIL/AICLE e coordinador ou coordinadora da sección bilingüe recibirá un só certificado como profesorado CLIL/AICLE.
O profesorado participante na sección bilingüe, tanto o de área, materia ou módulo non lingüísticos como o de lingua estranxeira, terá unha redución horaria a razón dun período semanal por cada sección bilingüe en que imparte docencia e cun máximo de tres períodos semanais. A devandita redución horaria estará destinada ás actividades de coordinación, avaliación e atención ao programa. No caso do profesorado especialista de lingua estranxeira que imparta períodos semanais de reforzo de idioma da sección bilingüe, estes computarán como lectivos
Para calquera dúbida ou aclaración, contacta con ANPE